En San Xerome queremos dar resposta a estas necesidades e garantir o dereito á vivenda digna e adecuada das persoas con diversidade intelectual da Comarca do Baixo Miño e as súas familias. Por iso creamos o proxecto FoGaReS SaNXe, unha solución residencial innovadora, baseada no modelo “Coop-housing”, que consiste na rehabilitación dun edificio patrimonial no Centro urbano da Guarda, onde se construirán 30 fogares inclusivos, onde 30 persoas con diversidade intelectual poderán vivir de forma autónoma e independente, cos apoios profesionalizados necesarios.