¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

FORMACIÓN PARA O EMPREGO

Queres obter un título oficial que che abra as portas do mercado laboral?

Se queres obter formación nun oficio con demanda e futuro, a Formación Profesional Dual é unha das mellores opcións. O noso centro de formación San Xerome está acreditado pola Xunta de Galicia como Centro de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia desde 2019.

Ese mesmo ano, a Asociación puxo en marcha o primeiro proxecto piloto de Formación Profesional Dual de toda España. Esta modalidade de formación realízase alternando a aprendizaxe teórico-práctica en postos de traballo reais.

A formación ten tres anos de duración, nos que as persoas participantes reciben formación adaptada, tanto nos contidos profesionais do Certificado de Profesionalidade de Nivel 1 que se vai a acreditar, como na formación complementaria e transversal, fundamental para unha capacitación completa. Este título abre novas portas para a inserción laboral, mellorando significativamente as súas habilidades e aumentando as súas posibilidades de conseguir un emprego de calidade no mercado laboral ordinario.

Na formación, os profesionais traballan para que as persoas adquiran capacidades en postos de traballo reais, reciban formación complementaria para o desenvolvemento laboral, melloren a súa inserción socio laboral, desenvolvan un traballo remunerado e alcancen a profesionalización e experiencia.

O primeiro ano realizouse a Formación de Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais. Tras o éxito desta primeira formación, a entidade conta con dúas FP Dual, onde as persoas obterán todos os coñecementos necesarios para a inserción laboral en traballos de forestal e hostalería.

Este programa está apoiado e financiado pola secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia.