¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

CENTRO EDUCATIVO

Máis de 40 anos de experiencia no ámbito da educación formal

A nosa realidade é a nosa bandeira e a INCLUSIÓN o noso sinal de identidade. Buscas un centro educativo especializado na atención a persoas con diversidade intelectual? Queres que o teu fillo ou filla reciba unha educación de calidade, adaptada ás súas capacidades e necesidades? Gustaríache que formase parte dunha comunidade educativa inclusiva, innovadora e comprometida?

Acollemos alumnado de 6 a 21 anos, nas nosas etapas de Educación Básica e Transición á Vida Adulta, nas que traballamos un equipo multidisciplinar de profesionais motivados/as en continua mellora e formación.

Contamos con profesorado de educación especial, logopeda, terapeuta ocupacional, fisioterapeuta e psicopedagoga.

A nosa metodoloxía baséase na planificación centrada na persoa e nas dimensións de calidade de vida. Rexémonos por valores como a profesionalidade, a autodeterminación, a autonomía, a coherencia, a INCLUSIÓN e a innovación.

Fomentamos o desenvolvemento integral e máximo das nosas alumnas e alumnos, potenciando as súas capacidades e traballando coas súas dificultades.

Para axustarnos ás necesidades do alumnado e aos seus intereses, contamos cun abanico de actividades múltiples para traballar de maneira funcional os aspectos máis importantes, tanto curriculares como de desenvolvemento. Entre estas actividades cabe destacar:

Biblioteca escolar

Espazo multidisciplinar onde a creatividade é a protagonista.

 

Actividades de sida á comunidade

Para fomentar a visibilidade e as relacións coa xente da contorna.

 

Habilidades do fogar

Traballamos actividades da vida diaria.

 

Poleiro-horta

Contamos cun "poleiro" e horta no que traballar, en contacto directo coa natureza, aprendizaxes funcionais.

 

Educación física

Potenciamos as capacidades físicas básicas pois cremos que é unha ferramenta base da inclusión.

 

Talleres artístico-musicais

Afinamos as habilidades musicais e de creación de contornas base para posteriores aprendizaxes.

Contamos con dúas modalidades de escolarización: completa no centro ou combinada con outro centro común, onde as posibilidades de experiencias inclusivas son maiores.

Ademais, proporcionamos servizos adicionais para garantir a comodidade e accesibilidade dos nosos estudantes: comedor, transporte adaptado e ampliación de horario lectivo (09.00-17.00 h), ademais da atención dunha traballadora social.