Xornadas de Convivencia. Escola de Vilameán. CRA Manuel Mestre Garcés. Tomiño
No pasado mes de marzo, tivemos o pracer de convidar ao noso Colexio a Escola de Vilameán, onde acude na modalidade de escolarización ordinaria Aitor.
Con esta actividade de convivencia Aitor tivo a oportunidade de presentarnos a todos os seus compañeiros, profesores e apoios da súa Escola. E de modo complementario, poideron coñecer a dinámica do Centro San Xerome e os compañeiros e profesionais que comparten o seu traballo todos os martes con el.

Tivemos un día moi atarefado onde, divididos en tres grupos, fixemos croissants na aula de cociña, estivemos nun obradoiro de chapas, desfrutamos da Aula Snouzelen de Estimulación Sensorial, e decoramos cos nosos mellores desexos o panel do noso querido espantallo.


Aitor está na modalidade de escolarización combinada, acude ao CEEPR San Xerome todos os martes e o resto da semana vai a Vilameán. Este tipo de escolarización permite aos rapaces un nivel de inclusión moito maior, favorecendo as aprendizaxes no seu grupo ordinario, e o traballo de aspectos máis concretos asociados as súas capacidades no Centro de Educación Especial.


Queríamos agradecer a visita da Escola Vilameán, que aínda que non tiñamos o Blog daquela, agora si, e querímos poñelo de manifesto. E sabemos que eles tamén nos tiveron en conta. Moitos bicos.

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas