Xornadas de Convivencia. Correlingua 2015. Tomiño
O pasado luns 11 de maio participamos na Actividade do Correlingua 2015, co lema “Galego, a nosa creación común”. Co seu acto central na Praza do Seixo en Tomiño.

A xornada comezou no IES de Tomiño onde nos reunimos cos demáis participantes dos IES dos diferentes Centros dos Concellos de Tui, Salvaterra, O Rosal, Tomiño,… De alí fixemos unha camiñata ata a Praza do Seixo onde agardaba Xurxo Souto para comezar cos actos previstos.

Comezamos coa lectura do manifesto  gañador a cargo de alumnos do IES Tomiño xunto coa premiada tradutora María Alonso. Logo disfrutamos dun baile a cargo dun grupo a de rapaces do centro de Salvaterra e finalizamos coa actuación do grupo que quedou no terceiro lugar no concurso do canta lingua, “ Sacha na horta”. 


Durante os meses anteriores foise traballando na aula todo o que ía a suceder sobre o correlíngua: coñecer os gañadores dos concursos do cantalingua, manifesto, do vídeo,… .Preparar os lemas para o posado no “photocall” que percorría os diferentes centros participantes. Coñecer o himno do cantalíngua.

Esta actividade permite traballar moitos aspectos de lecto-escritura, perfeccionemento da língua galega, manexo das redes sociais e novas tecnoloxías,coñecemento da comunidade máis próxima. E tamén posibilita facer unha actividade integradora co resto dos centros ordinarios da nosa contorna.

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)


Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas