Xornadas de Convivencia. CEIP de Rebordáns
O pasado xoves 14 de Maio, un grupo de alumnos do CEEPR San Xerome xunto có Grupo de Percusión do Sector de Ocupacional e Centro de Día da Asociación San Xerome, visitou o CEIP de Rebordáns.
Ás 12:00h, tiñamos unha cita con todos os nenos do Centro, e tras superar algunhas barreiras arquitectónicas, poidemos disfrutar da actividade todos xuntos.


O enorme rebumbio dos tambores e aparellos de percusións que se formou no Pavillón, fixo que tivemos que adaptar os oídos dunha primeira vez, pero pouco a pouco os rapaces foron sumándose ós ritmos das melodías, de feito, cando rematou todos quedamos con ganas de máis.Despois da actividade, o persoal do Centro, sorprendeunos cunha merenda da que demos boa conta

Esta actividade exemplifica as actividades de inclusión que se poden levar a cabo nos Centros Educativos e na Sociedade en xeral. Unha retroalimenaticón na que todos compartimos e gañamos.

Agradecer ao CEIP de Rebordáns a oportunidade da convivencia, a atención e a dispoñibilidade que sempre nos amosaron. Así como a súa disposición para seguir colaborando en todo tipo de actividades e accións educativas.

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas