Xornadas de Convivencia. CEEPR San Francisco de Vigo
O  Martes 19 de Maio recibimos a visita  do CEEPR  San Francisco de Vigo, seis alumnos e tres profesionais .
Coñeceron as nosas instalacións e compartiron alguna das nosas actividades:  Asamblea diaria, Xerock percusión, Sala Multisensorial, cociña e unha  pequena  merenda (para  recuperar forzas para o camiño de volta).


Encantounos compartir os instantes con: Emiliano, Alex,  Alejandro, Bruno, Gonzalo, Macarena e os seus profesores. 

O intercambio permítenos compartir  experiencias que nos axudan a mellorar, mostrar e valorar o traballo e tamén  fomentar relacións  de amistade. Aprender uns dos outros.Gracias a todos pola vosa visita e agardamos unha nova xornada de intercambio.Ata pronto.

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)

(Clica nas fotos para velas máis grandes)
Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas