Xornada de Pirauga. Fin da tempada deportiva (1º parte do ano)
O pasado martes día 9 fixemos unha actividade de festa para celebrar a fin da primeira parte do ano en deporte. 
Coa inestimable organización e colaboración de Amalio e Alberto, (Mestre de Educación Física no IES A Sangriña e voluntario no Colexio San Xerome), e a través da empresa Tamuxe Kayak, realizamos unha actividade de navegación en pirauga polo río tamuxe na súa desembocadura no río Miño.


Finalizando esta parte da tempada quixemos premiar o enorme esforzo que levan os rapaces acumulado, adestramentos e competición, cunha actividade lúdica, onde pasalo ben era o único requisito e motivación.
 
Unha xornada onde participaron os deportistas do Club, usuarios do Centro San Xerome, alumnos do IES A Sangriña, voluntarios da Asociación San Xerome Emiliani, e outros particulares.

(Clica nas fotos para velas máis grandes)
 
 
 

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas