Xornada de Convivencia. Colexio PP Somascos (A Guarda)

O pasado xoves 9 visitáronnos os alumnos de 3 anos do Colexio PP Somascos de A Guarda. Nas actividades de fomento da inclusión, do contacto con outros centros de modalidade ordinaria, e de interacción coa comunidade, o intercambio de experiencias con outros Centros é un aspecto moi importante e destacable, que está incluído ademáis no noso Proxecto Educativo.

A xornada transcurriu no ambiente festivo e moi animado que soe acompañar este tipo de experiencias. Compartimos tres actividades onde participaron todos os alumnos a través dun roteiro para distribuir tempos e grupos.
Actividade de Cociña: fixemos uns delicionsos croasanes de chocolate, que ademais de degustalos, poideron levar para casa empaquetadiños nunhas curiosas bolsiñas.
Actividade Multisensorial: participamos da sala Snouzelen onde experimentamos cos nosos sentidos e as percepcións sensoriais que nos foron amosando.
Actividade de chapas: fixemos as nosas chapas personalizadas, deseñamos os nosos debuxos e eliximos algúns que máis nos gustaban…

Unha xornada inolvidable para todos alumnos e profesores. Xa temos preparada a visita ao Colexio dos PP Somascos o vindeiro luns día 13. Moitas grazas.

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas