Xornada de Convivencia. CEIP Mestre Manuel García de Oia
O pasado xoves 26 visitáronnos os compañeiros de Yolanda de 2º de Primaria, do seu colexio CEIP Mestre Manuel García de Santa María de Oia. 



Yoli é unha alumna que está a cursar a modalidade de escolarización combinada, de luns a mércores acude ao seu Centro de Educación Ordinaria e xoves e venres ao CEEPR San Xerome.

A xornada transcurriu nun ambiente festivo e moi animado, compartimos tres actividades onde participaron todos os alumnos a través dun roteiro para distribuir tempos e grupos.

Actividade de Cociña: fixemos uns delicionsos croasanes de chocolate.

Actividade Multisensorial: participamos da sala Snouzelen onde experimentamos cos nosos sentidos e as percepcións sensoriais que nos foron amosando.
Actividade de chapas e mural: fixemos as nosas chapas personalizadas, deseñamos os nosos debuxos e eliximos algúns que máis nos gustaban…

Tamén tivemos a oportunidade de facer unha merendola todos xuntos, e asistimos ao ensaio que realizou o Grupo Folkxerome e o CEIP A Sangriña, dentro do Programa de actividades do Proxecto BODY.
Unha xornada inolvidable para todos alumnos e profesores. Agardamos repetila moi cedo… Moitas grazas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas