XI ANDAINA TUDENSE SOLIDARIA

Cartel-Imprimir-723x1024

Chegou xa a XI edición da Adainatudense. O vindeiro 17 de maio teredes a oportunidade de gozar dun percorrido de 28 quilómetros aberto a todo tipo de participantes. Coma ven sendo habitual, gustaríanos atraer a novos camiñantes e propoñer sempre algunha novidade ós máis fieis participantes.

Buscaremos, coma sempre, a opción de ver Tui e os Concellos que o rodean dende un novo punto de vista. Queremos empaparvos de auga de ríos e regatos que xogan a aparecer e desaparecer, emborracharvos os ollos do verde das fermosas paisaxes e facervos camiñar entre castros e muíños.

Dende o sábado 21 de abril abrimos o prazo de inscrición, que terá un prezo de 12€. E sempre co aloumiño cómplice para todos aqueles que vos inscribades antes do 2 de maio, que poderedes facelo por tan só de 10€.

Un ano máis, doaremos 2€ de cada inscrición ás iniciativas do Colexio San Xerome Emiliani, e se alguén quere facer doazóns a maiores dispoñerá de fila 0 para colaborar coa cantidade que poida e desexe.

Dende o Club Deportivo Andatui-Regodepedra mantemos o compromiso de facer da Andaina Tudense unha actividade aberta ó máximo número de persoas posible. Por este motivo, un ano máis, mantemos o prezo da inscrición, sen diminuír a nosa colaboración solidaria e sen deixar de tentarvoscos agasallos que cada ano sorteamos xa ó final da camiñada.

Lembrade que as persoas que chegan “alén” dun rateo de 40 quilómetros de Tui, e que así nolo indiquen na inscrición, poderán participar no sorteo de dous aloxamentos para dúas persoas na nosa cidade a noite do 16 de maio.

Recordade que temos un máximo de 500 prazas. Non hai razón para non apuntarse xa a esta nova edición dunha camiñada sempre cálida e agarimosa con todos aqueles dispostos a desfrutar dunha xornada distinta e aberta a tódolos perfís de camiñantes.

 

Podedes consultar toda a información e inscrición en:

www.andatui.es

http://andainatudense.blogspot.com.es/

190512-IX ANDAINA TUDENSE 006190512-IX ANDAINA TUDENSE 010

Imaxes: Andaina 2012

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas