XEROCK CHIMPANDO MUROS. CRÓNICA DA LAMA.

Texto: Víctor Fuggetto

Fotografías:  Responsable dos Módulos 5 e 6 da Prisión da Lama

A finais dos anos 80 aínda non tiñamos xiradiscos, mais o meu irmán xa mercaba vinilos compulsivamente para cando chegara ese esperado día. Un dos primeiros en aparecer foi o de Johnny Cash Live at San Quentin

 

Ó igual que Johnny Cash, sentímonos persoas preocupadas pola situación dos Centros Penitenciarios e precisabamos ese “achegamento” para saber, aínda que fora superficialmente, o que se coce nestas institucións que pagamos entre tod@s.

 

E imos gardar as nosas impresións ó respecto… Este novo proxecto de XeRock espera continuar a lo menos por tódalas prisións de Galiza.

O fío conductor da actividade foi o programa “DespertaRock” da Radio do Centro Penitenciario da Lama, onde alternaron as entrevistas a Gene, Puri e Vane coa proxección do documental Cantos Rodados e unha actuación en directo de XeRock para unhas 200 persoas.

Francisco Javier Villa Peñas tivo a ben escrivbirnos estas amables verbas ó día seguinte:

 

“Desde que me enteré quienes erais y lo que hacíais quedé ya enganchado y me pareció que la realidad que nos ibais a hacer llegar con vuestra visita podía darnos a todos una lección de humildad, de humanidad, de espíritu de superación. Me pareció que la presencia de personas discapacitadas tocando en un grupo, independientemente de la calidad de la música, podía servir para sensibilizarnos a todos sobre una realidad que está ahí pero para la que quizás no queremos mirar, más en una sociedad que prima lo material, la belleza externa, lo superfluo…Me pareció también un ejemplo para muchos internos que no asumen la responsabilidad individual de sus actos y tienden a culpabilizar a la sociedad de todas sus acciones y que en base a eso se acomodan a sentirse víctimas y  no son capaces de tomar las riendas de su vida e intentar un cambio que, aunque difícil, es posible y merece la pena intentar y para el que cuentan con el apoyo de los profesionales que trabajan en nuestro centro.”

Tamen as palabras do Xefe de Servicios á Subdirectora de Tratamento:

 

“Éxito rotundo. Aforo completamente cheo. CONMOVEDOR!!!”

 

Mención e agradecementos especiais a Javi, que dende o posto de administración na Lama implicouse dun xeito extraordinario, e por suposto a Lorena, xa que foi quen deu os primeiros pasos para levar o proxecto adiante.

Quixéramos rematar esta entrada compartindo con vós as cartas que recibimos dos internos dos módulos 5 e 6 da Lama. Estamos absolutamente abrumados, moitas grazas.

escanear0002escanear0003escanear0004escanear0005

432157

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas