… despois das obras, e despois dun ano, volve a XerHorta con moito ánimo!!!
A inicios do curso 2016, a XerHorta presentaba unha gran necesidade de renovación dos bancais, xa que estes eran de madeira, e debido ó paso do tempo, estaban moi deteriorados.
Por iso comezamos cas OBRAS:
Retirada das táboas vellas … … votándoas na fogueira.
Julián recibindo os bordillos de xardín.
Construíndo os novos bancais.
Cribando a terra para deixala limpa no interior. Resultado dos bancais.
Despois das obras, o proxecto da XerHorta parouse durante un tempo. Pero agora reanudouse, e toca pola a punto! Pouco a pouco a iremos pondo xeitosa, desherbando dentro dos bancais, desbrozando polos pasillos e arredores, preparando o composteiro, nutrindo a terra… para que pronto a poidamos ver como no seu día estivo, chea de hortalizas ecolóxicas e sabrosas!
Polo momento non teremos cultivos, pero cando comecemos con eles, estaredes tod@s avisad@s!
Saúdos e hortalizas!
Redactores/as: Puri, Senén, Maite S, Lourdes, Fabián e Fabio.