Visitounos o mago Zanas
O pasado venres día 27 de maio, tivemos a grata visita do Mago Zanas (Jorge) que fixo as delicias e gozamos dun momento moi divertido e ilusionante.
 
Aproveitamos a “Asamblea do Venres”, a actividade coa que pechamos a semana, onde repasamos as actividades e traballos de aula realizados polos alumnos. Nesta asamblea, cada aula presenta a labor máis destacada deses días, co que se pretence facer unha visión global e compartida, poñendo en valor o traballo continuado dos nosos alumnos ao longo do ano.

O Mago Zanas desplegou todo unha retaila de trucos e “maxias”, acompañada de bo humor e moita ilusión. Os nosos rapaces pasaron un gran momento, sorprendidos e agradecidos co bo facer de Jorge, un rapaz que acude a todo aquel que desexe disfrutar dun momento divertido transportándose ao mundo da maxia.


Na mesma actividade aproveitamos para facer a despedida de Rober, que estivo facendo as prácticas coma terapeuta ocupacional, no San Xerome. Agardamos que a súa estancia con nos lle fora moi satisfeita e proveitosa, e que nos volva a visitar cedo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas