Visita do Presidente da Agrupación Musical de O Rosal

Veu acompañado de un dos seus alumnos -Jose, tamen trompetista- para deleitarnos cunhas pezas a dúo para un amplo número de usuarios do Servizo de Adultos. Non tardaron en sumarse á festa Victor Fuggetto e Justo Domingos Viñas, coa guitarra e o baixo eléctricos respectivamente, para realizar un pequeno concerto, repasando clásicos de Ennio Morricone, Dick Dale ou os Shadows.

“Paquito o Chocolateiro” tamen sonou por demanda popular…

Tendo en conta a apretada axenda a que nestes momentos está suxeita Iván, agradecemoslle enormemente a súa  dispoñibilidade, e dende a Xerome Crew augurámoslle moitos éxitos no futuro.

A actividade rematou co invite por parte de Iván a participar nunha serie de  xornadas didáctico-musicais que terán lugar a partires de setembro nas instalacións da Agrupación Musical de O Rosal.

Ali estaremos.

Moitas gracias a todos!

Victor Fuggetto.

Visita de Iván

Comentarios
Compartir
Xerhorta

Publicacións relacionadas