Visita de Castelar Piedra á aula de música.

Fixo sonar o seu saxo barítono, ofrecendo unha boa selección de solemnes temas clásicos. Comentaba entre cancións, seica con certo orgullo, “estas non as coñecedes”. Amosounos tamen un feixe de partituras que guardaba celosamente no seu maletín. Entre aquelas partituras, hoxe en día fotocopias do que tempo atrás foron manuscritos valiosísimos que “rulaban” de man en man, había pezas de mais de 200 anos.

Asegurámonos ben de copiar unhas cantas daquelas antiguas pezas, nese monstruo da tecnoloxía chamado fotocopiadora que Castelar miraba de reollo, para manter viva unha tradición que de non ser por os nosos maiores estaría perdida.

Toda unha lección de Música. E de Historia.

Graciñas Castelar e Mercedes.

Visita de Castelar Piedra
Victor Fuggetto.

Comentarios
Compartir
Xerhorta

Publicacións relacionadas