Visibilizando o Autismo. Benny, Cailiou e Andi.
Hai uns días falabamos de Barrio Sésamo, sobre a presentación de Julia. Unha rapaza moi especial que axuda a visibilizar o tema do Autismo, abordándollo dunha maneira aberta e natural.

 

Ademais desta iniciativa o programa ten outra peza, a Historia de Benny. Onde un rapaz nos explica que cada neno é diferente a súa maneira, e que todos teñen algo en común; todos queren divertirse.

Outra persoaxe animada que nos axuda a explicar e visibilizar a expresión do autismo na infancia é Caillou. Neste caso, no episodio “Sígueme”, coñecemos a un rapaz chamado Andi, quen non parece conectar moito cos seus compañeiros, pero con axuda é capaz de compartir actividades e ser amigo dos demais nenos.
Estas ferramentas poden ser un bo instrumento para describir a realidade autista, axudando a pais e nenos a interpretala e comprendela, ademais de normalizar a súa presencia na oferta audiovisual infantil xeral.
Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas