V Mostra da Camelia

Houbo unha vez un grupo de persoas  da nosa comarca,  a finais dos anos 70,  empeñadas  en loitar polos dereitos  das persoas marxinadas.

Eran  momentos complexos,  xa que como sabedes  daquela  ainda viviamos   marcados   pola dictadura de franco,  na que as persoas diferentes  non tiñamos  cabida.

Creouse a asociación e o centro san xerome,  e a aquel grupo inicial se lle foron engadindo  máis persoas, novos colaboradores,  mais profesionales  … que fixeron   coa sua colaboración   que pasaramos da epoca da  caridade ,  de pedir esmola  a esixir os nosos dereitos.

Pasiño a pasiño, fomos conseguindo pequenas metas: na integración, escolar, social e laboral.

O primeiro invernadeiro, por exemplo, o  tivemos  no ano 1983. Cultivabamos plantas e hortalizas  que vendiamos  na plaza no posto de hortensia, e na floristería de Foto París. Ainda non tiñamos a nosa tenda.

No ano 1990 fixemos o primeiro traballo de xardinería  fora do centro:  na urbanización dos castaños;  no ano  1993  iniciamos o traballo nos xardíns do Rosal  e pouco despois  creamos a empresa de xardinería.

No ano 2000  ocupamos esta finca  do obispado e iniciamos o  cultivo  de planta de temporada e de camelios,  gracias a colaboración de Basilio Moreira e de Don Paulino.

O ano pasado  conseguimos  o mantemento dos xardins da  Guarda, e  a empresa contratou  a novos  traballadores.

E asi se vai escribindo a nosa historia con pequenos logros.  Hoxe  por exemplo celebramos a quinta edición da Mostra da Camelia, e como sempre estas  metas  se van conseguindo gracias a colaboración de moita xente:  concellos, voluntarios, empresas, etc.

Temos  feito cousas,  pero  quedanos  moito camiño  por  andar.  Ainda hai problemas  de marxinación na escola, no traballo e na vida diaria.

Si este camiño o facemos xuntos  vainos resultar moito  mas facil.

Moitas gracias por escoitarme

{yoogallery src=[/images/stories/reportajes/camelia_2011]}

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas