Un xesto pola diversidade no Baixo Miño. ‪#‎XPDBaixoMiño‬
O vindeiro xoves día 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das persoas con discapacidade. O obxectivo é chamar a atención e movilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión de persoas con discapacidade na sociedade e no desenvolvemento.


Dende a Asociación San Xerome Emiliani, queremos facer a nosa pequena aportación cunha campaña de visibilización co lema “Un Xesto pola Diversidade no Baixo Miño. #XPDBaixoMiño“. 


Dende o Centro San Xerome, e aproveitando a participación no “Proxecto B.O.D.Y.”, planificamos unha serie de actividades para compartir con outros Centros algunhas experiencias das nosas Actividades:

– Obradoiro de Chapas. Visita a Avelaíña. Participan CEIP A Sangriña e Avelaíña. Organiza grupo Educativas. 

– Concerto de Precusión. Visita ao IES A Sangriña. Organiza Grupo de XeRock Víctor Fuguetto.

– Exhibición de Boccia. Visita á Residencia Monte Tecla. Organiza Grupo de Deporte Adaptado de Roberto Martínez.

Desexamos sexa un punto de partida para que en vindeiros anos ampliemos as accións e fagamos máis partícipe a nosa comuninade do Proxecto do San Xerome.
Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas