Talleres Solidarios. Tui
O pasado xoves día 23 de abril estivemos en Tui onde un grupo de rapaces, aqueles que están a cursar o Módulo de Formación Profesional Adaptada en “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería”,foron quen de organizar un dos Talleres de Artesanía Solidaria.



Pasamos unha tarde moi divertida e laboriosa onde fixemos un Obradoiro de Chapas para nenos, os nosos alumnos foron os encargados de decorar a carpa situada na Praza Inmaculada (fronte os Xulgados), divulgar o evento entre a poboación tudense que paseaba esa tarde pola rúa, rexentar a taquilla (unha chapa = un euro), acompañar aos nenos na elaboración ou elección do motivo da chapa, e finalmente estampala.


De modo complementario, elaboramos marcapáxinas para libros, aprobeitando a celebración do “Día do Libro”, fixemos un gran mural, e outros tipos de manualidades.

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)


Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas