A actividade celebrarase nas instalacións do Centro San Xerome, e está coordinada por Victor Fuggetto, traballador do propio Centro.
Será de características similares á celebrada no pasado mes de novembro, programada en colaboración con Estudios Baixo Miño para compoñer unha peza musical e grabala posteriormente nos estudios de San Xoan de Tabagón, en O Rosal. O resultado aparecerá no seguinte enlace: http://www.bmestudios.com/
Mais info:
tlf. 659347525 (Victor Fuggetto)
Na fotografía, os participantes na primeira sesión de traballo do Taller de percusión do Comenius Regio.