Taller de cómic no San Xerome

Jano ten un extenso currículum no mundo das “viñetas”. Ten publicados dous álbumes; “Ratoon” (Polaqia), e o estreado recentemente “3×1” (Bang Ed) e ó longo da súa carreira recibiu varios premios en recoñecemento ó seu traballo, coma o Injuve, o Certame Ourense e o Golden Globos este pasado ano 2011.

En canto contactamos con él e lle propuxemos a idea non dubidou un intre en desprazarse ata A Guarda para levar a actividade.

Despois dunha breve introducción á maxia do cómic, os participantes do taller deseñaron cada un a súa persoaxe, debuxando as súas características e perfilando a súa personalidade, para despois introducila en diferentes situacións e sometela a unha trama ideada entre todos.

O resultado final é a historia de Pepe “O Pescador”, que coa intención de “pescar” unha moza, acude ó teatro xunto co seu inseparable amigo Laureano “O Gusano”. Alí coñece á fermosa Ana, onde coa axuda de Songoku “O Voador”, comezan unha viaxe de lua de mel nin mais nin menos que á Lua!!!

Pero os problemas comezan cando a Laureano éntranlle as ganas de mexar polo camiño… 

Como vedes, todo é posible no mundo do cómic…

Unha sinxela pero divertida dinámica, moi participativa, para dar renda solta á nosa imaxinación, e achegarnos un pouquiño mais a esta curiosa expresión artística que leva contándonos historias dende tempos inmemoriais.

Compre agradecer ás Editoriais Polaqia e Retranca pola súa aportación de exemplares de cómics para complementa-la actividade.

Graciñas Jano e Paula!

Taller de cómic

Victor Fuggetto

Comentarios
Compartir
Xerhorta

Publicacións relacionadas