O domingo  3 de xuño tivo lugar  en Amorín (Tomiño), a IV edición da Carreira popular de Amorín (carreira pola integración).
Nesta ocasión, a organización  acadou dous importantes obxectivos, a integración  dos deportistas con discapacidade (Club San Xerome e Racing de Chapela)  en pe de igualdade  co resto dos deportistas, e  a solidariedade, xa que a recadación da  inscripción na carreira  foi a prol de Unicef.

Compartir

As probas disputaronse o mércores 30 de maio nas Pistas de Atletismo Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa; a organización correu a cargo da Federación galega de deportes para discapacitados intelectuais (FEGADDI).  Participaron un total de 14 Clubes da xeografía galega, nas tres posibles modalidades de participación:  Competición, categoría adaptada e xogo.

Compartir

 

A exposición estivo aberta ó público na Tenda do Centro San Xerome, dende o pasado 14 de maio.

Estas son as impresións  de Inés Montenegro, profesional da fotografía e responsable do Taller.

 

“Duas  persoas miran  ó  exterior a través dos  mesmos barrotes:  unha mira

o  fango  e a  outra  as  estrelas”. Frederick Langbridge (1849–1922)

Compartir

Onte martes dia 30 de maio tivo lugar nas instalacións deportivas do Centro San Xerome a última xornada do  “Torneo integración” de fútbol, incluido no Proxecto europeo Comenius Regio.
Nesta ocasión foi o turno dos rapaces da ESO, do IES A Sangriña, do Colexio PP Somascos e dos deportistas  do San Xerome e Avelaiña.

Compartir

Un concerto de Rock patrocinado por unha entidade bancaria ven sendo como se Charles Manson patrocinase a Misa do Galo... e é que o capitalismo expándese hacia territorios pensabamos que prohibidos, meus!

Compartir

O torneo  celebrouse   no terreo de xogo do Centro San Xerome.
A pasada semana  despois da disputa dos partidos  cos  equipos da Sangriña, Somascos, Sinde e Carmelitas de 1º,2º e  3º de  primaria, resultou vencedor o equipo das Carmelitas.

Compartir

Dende o día 14 ata o 31 de maio estarán expostas as fotografías na tenda Atalaia do San Xerome.

Compartir

Estamos a vivir tempos convulsos; é tempo de arrimarse, de "contrachejarse" e rebelarse. E tamen é tempo de desafogarse... e qué mellor que a música para unificar causas.

Compartir

Este sábado 5 de maio, dentro da programación do proxecto europeo Comenius Regio -no que participan as Asociacións Avelaíña e San Xerome, o Colexio A Sangriña e o IES A Sangriña, xunto coas Asociacións Collège Boris Vian e Institut Vancauwenbergue de Zuydcoote (Francia)- terá lugar un novo taller de percusión para usuarios das entidades participantes.

Compartir

O próximo día 19 de Maio celebrarase en Tui a IX andaina solidaria.

Para ver máis info, poden pinchar neste link:http://andainatudense.blogspot.com.es/

Compartir