Segunda xornada da Liga de Baloncesto FEGADA 2015
Este mércores 6 celebrouse a segunda xornada da Liga de Baloncesto FEGADA.
O Club San Xerome participou na categoría de Competición cos equipos masculino e feminino.

As rapazas amosaron un gran nivel competitivo, con dúas victorias que as sitúan na cabeza da clasificación, e sobretodo, unha delas diante das actuais líderes as Esclavas “A”, nun enfrontamento moi emocionante que ser resolveu por tan só un punto. Con estas dúas victorias gañáronse o dereito a competir polo título na 3º Xornada a disputarse en outubro.
Pola súa parte os rapaces seguen loitando e esforzándose, recortaron diferencias en relación ao nivel dos rivais, pero aínda queda moito traballo, que de seguro o van facer. Dúas derrotas fronte ASPANAEX e Saladino, pero de seguro que os resultados irán chegando.


Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas