San Xerome visita “Mandora”, a casa da música.

Este xoves, os grupos de Ocio e Acts. Artísticas do Servizo de Adultos, estivemos visitando Mandora, a tenda de instrumentos músicais sita a escasos metros do noso Centro, na mesma rúa Galiza de A Guarda.

Sempre é estimulante unha achega ó mundo da música. Incluso Miguel Portela e Brais, nun arrebato de paixón flamenca, arrincáronse a tocar o caixón…

Non é a primeira vez que San Xerome e Miguel “Mandora” organizamos unha actividade conxunta; o mes pasado Miguel abriunos a súas portas para que Puri fixera unha sesión fotográfica dos instrumentos que alí ten.

Graciñas Miguel.

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas