SAN XEROME RENOVA TITULO DE CAMPIÓN DE LIGA BALONCESTO 2016 DA FEGADA

O Club San Xerome Emiliani proclamouse hoxe Campión da Liga de Baloncesto 2016 da FEGADA na categoría de Competición feminina.

Este mércores día 28 de Novembro disputouse no Pavillón Municipal do Porriño a terceira e definitiva xornada da Liga de Baloncesto da FEGADA (Federación Galega de Deporte Adaptado). As rapazas amosaron un gran nivel competitivo, con dúas vitorias que as mantiveron na cabeza da clasificación, sen deixar opcións as segundas clasificadas “Esclavas A”, no asalto ao título ligueiro en xogo.

Salientar positivamente tamén a participación do San Xerome en Competición Masculina, onde o equipo logrou unha merecida vitoria ante o San Rafael, equipo subcampión de Copa de Galicia, recentemente celebrada en Ponteceso. Os xogadores e técnicos, cheos de ledicia, demostraron que con ganas, seguranza en si mesmos e sacrificio, os partidos saen cara diante e os resultados chegan…

Ao rematar as Competicións foro entregadas polas autoridades e membros directiva da FEGADA os trofeos correspondentes pola participación nas ligas e aos Campións das mesmas.

Seguir dando as Grazas aos voluntarios e técnicos que desenvolven o deporte no club, e unha vez máis a afección que se desprazou dende a Guarda, desta vez incluso con instrumentos musicais para dar folgos os/as nosas xogadoras.

 

img-20161026-wa0026img-20161026-wa0028img-20161026-wa0027img-20161026-wa0015img-20161026-wa0023img-20161026-wa0025img-20161026-wa0016img-20161026-wa0022img-20161026-wa0008img-20161026-wa0019

Comentarios
Compartir
Club Deportivo

Publicacións relacionadas