San Xerome Campión de Liga de Baloncesto 2015 da FEGADA
O Club San Xerome Emiliani proclamouse hoxe Campión da Liga de Baloncesto 2005 da FEGADA na categoría de Competición feminina.

Este mércores día 21 disputouse no Pavillón Municipal do Porriño a terceira e definitiva xornada da Liga de Baloncesto da FEGADA (Federación Galega de Deporte Adaptado).

Aspanaex, Asdan, Saladino Cortizo, San Rafael, San Xerome, Esclavas Virgen Dolorosa, Juan XXIII, Méndez Núñez, Saiar, Aceesca, Racing Chapela e Prioriño, presentaron un total de 18 equipos formados por máis de 180 deportistas que disputaron os partidos para decidir os campións de liga nas dúas categorías, competición e adaptada.

O equipo feminino tiña a posibilidade de facerse co título se gañaba os partidos ante Esclavas A e Esclavas B, e así o fixo, culminando un campionato no que foron de menos a máis, e no que amosaron unha ilusión e capacidade de esforzo, que tivo coma resultado este gran triunfo. Pola súa banda, na categoría masculina, os rapaces tamén foron de menos a máis, e estiveron a punto de remontar o seu partido que lles permitiría loitar pola terceira posición, so a falla de tempo fixo que finalmente saísen derrotados e ocupasen a quinta posición definitiva.

Noraboa a estes campións, todos eles. Xa estamos a pensar no ano 2006, conformando un grupo con novas incorporacións, que de seguro traballarán duramente e que con esa ilusión que amosan en cada adestramento repetirán os bos resultados acadados este ano.

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas