SALA SNOEZELEN: UNHA EXPERIENCIA SENSORIAL

O Centro S. Xerome disporá a partir do  mes de Maio  deste novo recurso terapéutico, gracias a subvención da “FUNDACIÓN SOLIDARIDAD CARREFOUR “

FU_Nuevo_logo_Fundacion

As salas de estimulación multisensorial Snoezelen comenzaron a utilizarse como recurso terapéutico en Holanda nos años 70, a partir da creación dun cuarto de estimulación sensorial adicado a persoas con discapacidad intelectual. Etimolóxicamente, o concepto provén da contracción dos verbos holandeses snoffelen (buscar – explorar) e doezelen (relaxar). Posteriomente, esta metodoloxía terapéutica extendeuse o resto de Europa.

A utilización da Sala Snoezelen ten que basarse en cuatro aspectos básicos no desenrolo das persoas:

– Atención individualizada
– Estimulación sensorial
– Terapia a través de actividades lúdicas
– Relaxación
Este recurso terapéutico está destinado a promoción da saúde e benestar dos usuarios, minimizando e previndo o deterioro, así como compensando disfuncións xa instauradas. Este espazo permitirá que os usuarios expostos a estímulos controlados poidan adquirir aprendizaxes a través do descubrimento e o desenrolo das suas potencialidades.
Para elo utilizanse diferentes compoñentes:

Compoñentes sensoriais

-Facilitar a integración sensorial de toda a información sensitiva que chega do exterior e que debe reconvertirse en percepcións sobre o contorno no que se desenrola a actividade do usuario.
-Desenrolar o rexistro, modulación e discriminación das diferentes sensacións: visuais, táctiles, auditivas, olfativas, propioceptivas e vestibulares.
-Adquirir un axeitado procesamento sensorial das diferentes sensacións para conseguir as destrezas perceptivas que permitan fomentar os aprendizaxes.
-Fomentar a conciencia sensorial e o desenrolo favorecendo a integración da información sensorial que reciben, axudando nos seus aprendizaxes e a sua relación co contorno.
-Incrementar a información propioceptiva dos hemisferios cerebrais.

Compoñentes motores

-Fomentar compoñentes neuromusculares: reflexos, arco de movemento, tono muscular, forza e resistencia.
-Fomentar a tolerancia a actividade de maneira progresiva.
-Promover a integración viso-motora bilateral a hora de realizar actividades manipulativas.
-Obter a integración e coordinación bilateral, cruce da línea media, lateralidad e manipulación motora fina e grosa.
-Mellorar o posicionamento, control postural e cefálico tanto na sedestación como na bipedestación e deambulación.
-Mellorar o coñecemento do esquema corporal e autocontrol do corpo.

Compoñentes cognitivos

-Mellorar as capacidades cognitivas e de relación.
-Promover o auto-control, autonomía, descubrimento e exploración.
-Aprender a relación causa efecto dos diferentes obxetos e situacións.
-Potenciar a adquisición e desenrolo da linguaxe a través de emisións verbais de xeito espontáneo diante de situacións que o requiran, tales como asombro e demanda.
-Potenciar aspectos necesarios para a aprendizaxe e adquisición de habilidades: nivel de alerta a estímulos, tempo de atención, orientación, recoñecemento, memoria, concentración, secuenciación, categorización, formación de conceptos e operacións intelectuais no espazo.
-Potenciar as funcións executivas.
-Xeralizar o aprendizaxe fora da aula, en diferentes contextos non habituais para o usuario.

Compoñentes psicosociais

-Crear un clima de relaxación e distensión que permita potenciar o concepto de sí mesmo e do contorno máis cercano.
-Fomentar a conciencia de iniciación e remate da actividade.
-Potenciar valores e intereses por si mesmo.
-Desenrolar novos roles.
-Normalizar a conducta dos usuarios evitando as conductas disruptivas e desadaptadas.
-Potenciar a conducta social.
-Fomentar a comunicación non verbal.

Recursos materiais dos que dispón a Sala

1. Estímulos visuais, táctiles e propioceptivos
2. Estímulos vestibulares
3. Estímulos auditivos
4. Estímulos olfativos
• Roda líquida cores suaves
• Splodge pequeño
• Cama de auga musical individual
• Amplificador Fonestar
• Fibra óptica plástica
• Fonte de luz Rompa para fibra óptica
• Kit visual
• Kit de sonidos
• Chan acolchado
• Boing Ball
• Pelotas de emocións
• Acondicionador de auga
• Pasillo sensacións plantares
• Panel de espello
• Espello esferas
• Espello multiplicador
• Espello olas
• Chaleco propioceptivo
• Cortina de estrelas
• Rompa vibro tub
• Bolas transparentes
• Tubos de bolas-burbullas
• Pulsador inhalámbrico
• Cubo falador
• Micrófono wifi
• Hamaca de teito
• Cilindro de rotación Southpaw
• Bola de espellos
• Reflector roda de cores e lámpara
• Pack proxección

Para o noso Centro a posta en marcha deste proxecto, gracias a aportación de 30.000 € por parte da Fundación Solidaridad Carrefour será un importante avance terapéutico, xa que potenciará o traballo relativo a estimulación multisensorial, mellorando a calidade de vida dos nosos usuarios , e por extensión también das suas familias.

 

IMG-20140323-WA0006IMG-20140323-WA0009FU_Nuevo_logo_FundacionIMG-20140323-WA0005IMG-20140323-WA0003IMG-20140323-WA0002IMG-20140420-WA0003IMG-20140420-WA0005IMG-20140420-WA0002

 

 

 

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas