Sala Multisensorial. Yoli e o itinerario sensorial
Yoli acude á aula multisensorial unha vez por semana. Por medio de pictogramas de ARASAAC anticipamos tanto o cambio de aula e de tarefa, coma a nova actividade que se vai a realizar na propia sala.

Unha das capacidades que desenvolvemos co traballo na sala con Yoli é a denominada propiocepción (capacidade de sentir a posición, dirección e movemento do noso corpo).


Traballando a propiocepción, os usuarios melloran o control do equilibrio, a coordinación de ambos lados do corpo, o mantemento do nivel de alerta e a influencia no desenvolvemento emocional e do comportamento.

Algúns dos elementos cos que Yoli traballa a porpiocepción na sala son:

A piscina de bolas: por medio de actividades como saltos, presións, movementos continuos e intermitentes, mergullándose nas bolas, segmentos corporais concretos, etc.

A cama de agua: por medio das vibracións que emite o colchón.

Ou a columna de burbullas: por medio de indicacións verbais, Yoli aproximase ao tubo, sentindo a vibración en diferentes partes do corpo. Desta manera, traballamos a propiocepción e diminuimos o tono corporal.
(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)


 

  

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas