Sala de Estimulación Multisensorial (Sala Snoezelen). Primeiro aniversario
Grazas a que fomos o proxecto gañador presentado á Fundación Solidaridade Carrefour, este mes de maio hai un ano que comezamos a disfrutar deste estupendo recurso terapéutico.

Actualmente, se benefician del ao redor de 20 usuarios, tanto do Servizo de Educación como de Adultos, así como diferentes perfís profesionais na súa práctica diaria. Cristina (Terapeuta Ocupacional) ven de coordinar o uso e disfrute da mesma.


O obxectivo dunha Sala Multisensorial (Sala Snoezelen) é mellorar o benestar físico, emocional para e alcanzar así ó máximo nivel de autodeterminación e calidade de vida. 


Todo isto se consegue grazas ao ambiente que nos proporciona este tipo de espazos, donde todo os estímulos que se perciben e proporcionan son controlados en forma, intensidade, duración etc., tanto polo terapeuta como polo usuario/a. Desta maneira, xurde e/ou se incrementa a resposta do usuario ante o entorno, principalmente ante obxectos e persoas.

Pódense presentar diferentes tipos de estímulos: visuais, auditivos, táctiles, olfativos, gustativos, vestibulares e propioceptivos. Cada un dos elementos dos que dispoñemos ten a capacidade de estimular simultáneamente varios sentidos. Un exemplo é o tubo de burbullas, que nos proporciona estimulación visual pero tamén vestibular polas vibracións que emite.

(Clica nas fotos para ve-las máis grandes)

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas