Rock in Rio Lisboa 25/05/2012

Aínda asi, comprometendo os principios éticos dalgún de nós, o pasado venres aproveitamos un feixe de entradas gratuitas (graciñas Nuno!!) para disfrutar e comprobar in situ cómo é un macro-concerto como o Rock in Río.

Unha experiencia abraiante para unha viaxe fugaz de ida e volta ó inferno. Ou ó paraíso.

Fomos a Lisboa con John e Luis, que recén chegados do Reperkusión, aínda  tiñan ganas de ir de concerto, esta vez para ver unha das suas bandas favoritas: Metallica.

Ver ós Metallica en directo é toda unha experiencia. Non sólo polos fogos “aluminados”, polas pantallas de millóns de pulgadas, os xogos de luces… senon porque son os absolutos Reis do Heavy Metal. Nada mais pisa-lo escenario xa te das conta. A min co Seek And Destroy saltábanme as bágoas!

Non sei calcular cántos chisqueiros houbo encendidos no Nothing Else Matters, pero podo asegurar que alí había xente pa afundi-lo chan. E tampouco sei calcular os watios que sonaban ali, pero vaia cos altofalantes, aínda podo escoitar o Hit The Lights ó meterme na piltra polas noites.

Un aplauso infinito para o carril de adherentes das autopistas lusas e por suposto para as conductoras e conductores que nos truxeron para casa sans e salvos facendo que 500 kms semellasen un paseo.

Eu aínda levo a miña camiseta de Metallica posta.

Victor Fuggetto

Comentarios
Compartir
Xerhorta

Publicacións relacionadas