Robaleira, 25 anos de historia e un reto pendente
Na edición de hoxe, xoves 28 de maio, do suplemento de La Voz de Galicia, sae unha nova sobre as dificultades que temos para competir a nivel nacional español no remo Ergómetro.

O Club de Remo Robaleira – San Xerome, levamos un tempo demandando a Federación Española de Remo que nos permita competir a nivel nacional, sen embargo, sen dar unha razón non acceden a que os nosos remeiros compitan, como si poden facer a nivel autonómico ou internacional.


Os nosos remeiros poden competir no Campionato Galego de Remo (Ferrol, 2015), foron invitados a participar no Campionato Nacional Portugués Indoor de Remo Ergómetro (Viana do Castelo, 2015), e no vindeiro mes, temos unha nova cita en Portugal no Campionato de Portugal ANDDI Open Internacional (Gaia), o 12 de xuño.

Mentres a Federación Española de Remo, na súa derradeira xuntanza fixo caso omiso da reinvindicación do Club de Remo Robaleira, para que participasen remeiros con discapacidade psíquica.

Temos xa preparada unha carta que remitiremos ao Consello Superior de Deportes, onde amosamos a nosa impotencia e incomprensión, e reclamamos o dereito a competir coma deportistas que son, independentemente das súas capacidades.

(Clica nas fotos para velas máis grandes)

Campionato Nacional Portugués de Remo Ergómetro. Viana do Castelo, 2016

Campionato Galego de Remo Ergómetro, Ferrol 2015


Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas