RESPIROS VIDA INDEPENDIENTE

No ano 2016 San Xerome pon en marcha un Programa de Respiro familiar, que xurde das necesidades manifestadas e das demandas presentadas polas familias das persoas usuarias da nosa Asociación. O Programa ten como finalidade proporcionar ao noso colectivo unha alternativa de convivencia que lles permita permanecer no seu entorno habitual e disfrutar dunha alternativa de lecer inclusivo cos apoios necesarios, nun marco de participación na vida comunitaria.

Grazas á co-financiación da Deputación de Pontevedra, a través da concesión de axudas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociasanitarios e da mocidade na provincia de Pontevedra (convocatorias 2016, 2018 e 2019), leváronse a cabo diversas estancias de Respiro familiar, na vivenda completamente adaptada e accesible que posúe o propio Centro, ubicada na Rúa Galicia nº 23 da Guarda.

No proxecto RESPIROS VIDA INDEPENDENTE, posto en marcha en 2019, realizáronse diversas actividades de grande interese, aproveitando todas aquelas demandas e necesidades por parte das persoas usuarias, así como todos os recursos existentes na zona, proporcionando a cada participante un lecer alternativo e inclusivo, sumamente enriquecedor.

Proxectos de respiro familiar, como este e os levados a cabo nos últimos anos, son unha gran demanda das familias, sobre todo para dar oportunidades de lecer inclusivo a persoas con diversidade intelectual con grandes necesidades de apoio, para os que habitualmente as opcións de poder gozar plenamente do seu dereito ao disfrute son moi limitadas.

Contamos con poder Consolidar o noso Programa de Respiros, grazas ás axudas que a Deputación de Pontevedra nos poida conceder en futuras convocatorias, como o leva facendo nestes últimos anos.

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas