Remate dos adestramentos. Primeira parte do ano.

Onte martes día 31 de maio rematamos os adestramentos nesta primeira parte do ano.  Disputamos un partido con todos os deportistas do Club, unha xornada festiva que ademáis nos axudou a valorar as capacidades de cada deportista como futbolistas, nun novo proxecto para a creación dunha sección de Fútbol 7, que poida disputar de modo puntual algún tipo de partido ou competición.

O Club deportivo realiza as tempadas no ano natural, é dicir, que as competicións se desenvolven ao longo do ano, neste caso no 2016. A planificación ten en conta o parón do verán, nos meses de xuño a setembro, non hai adestramentos, aínda que os rapaces de atletismo seguen disputando algunha das carreiras que teñen lugar na época estival. Reanudarase a actividade no mes de outubro.

Ao longo desta primeira parte do ano, tivemos a oportunidade de disputar varias competicións: liga de baloncesto, campionatos galegos e nacionais de campo a través e pista, remo ergómetro galego e en Portugal, etc. Tamén se compartiron actividades con outros Centros a través do Proxecto BODY; Campionato de Fútbol e Baloncesto. Se realizaron adestramentos conxuntos de remo ergómetro e xornadas de exhibición, e algunha saída lúdica como acudir ao partido de baloncesto da liga EBA Prata do RC Celta Bosco.

Remataremos a tempada de remo en Vilanova de Gaia, disputando o Campionato nacional portugués da ANDDI (Open internacional) o xoves día 2 de xuño, e finalizaremos as actividades coa “Xornada de pirauga” que temos a oportunidade de disfrutar a través do Proxecto BODY.

20160531_17122720160531_171228 20160531_171242 20160531_171430 20160531_171716 20160531_171756 20160531_171758 20160531_171901 20160531_171912 20160531_172135 20160531_172142 20160531_172211 20160531_172212 20160531_172223 20160531_172341 20160531_172513 20160531_172517 20160531_172520 20160531_172534 20160531_172547 20160531_172558 20160531_172604 20160531_172627 20160531_172631 20160531_172640 20160531_172641 20160531_172657 20160531_174139 20160531_174149 20160531_174151 20160531_174807 20160531_174829 20160531_174832 20160531_174850 20160531_174854 20160531_174859 20160531_174907 20160531_17490920160531_17512320160531_175138

 

 

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas