“Que días coma hoxe nos faga ser mellores persoas”

“Que días coma hoxe nos fagan ser mellores persoas”…

Este martes día 26, todos os Centros Educativos da Guarda reuníronse nos xardíns do Centro Cultural Guardés, para conmemorar o Día da Paz (a data oficial é o día 30 de xaneiro).

Unha representación de 50 alumnos por cada Centro, cun total superior aos 400 participantes, realizaron a gravación dun “lip dub” (baile conxunto), para chamar a atención sobre o desexo de todos os alumnos do Concello Guardés de que o Mundo sexa un lugar sen conflitos armados. Como colofón da xuntanza se realizou un pequeno discurso composto por frases elaboradas polos propios rapaces, e un baile final todos reunidos.

As frases dos rapaces foron: “No hay caminos para la paz. La paz es el camino”, “Soltar a túa arma, colle a súa man”, “The peace begins with a smile”, “A
Educación é a ferramenta máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo”, “No importa la raza, no importa el color, importan las personas”, “El amor y la vida son la esperanza de todos los días”, “A paz comeza cun sorriso por iso somos unha espiral de alegría”, “Que días coma hoxe nos fagan ser mellores persoas”…

Os centros participantes na actividade foron: Escola Infantil Municipal (Gardería Infantil), Colexio San José (Carmelitas), CEIP Plurilingüe As Solanas, CEIP Manuel Rodríguez Sinde, IES Sangriña, Colexio PP. Somascos, EEI A Gándara, CEIP Sangriña, e a Asociación San Xerome Emiliani.

20160126_113302 20160126_11325720160126_11325620160126_113255IMG-20160126-WA0005 IMG-20160126-WA0007


20160126_113250(0)
20160126_11323720160126_10543920160126_113235 20160126_10545120160126_105453
20160126_111739 20160126_111742 20160126_113226(0) 20160126_10545820160126_105427 20160126_105425

20160126_105502

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas