PROXECTOS E REALIDADES DO CLUB DE REMO S.XEROME – ROBALEIRA

 

Fai agora 3 anos, comenzamos os adestramentos nas instalacións do Club de remo Robaleira, despois dalgunhas productivas reunións conxuntas dos Clubes Robaleira e S. Xerome.
Os inicios foron básicamente lúdicos, para convertirse progresivamente nun proxecto no que se conxuga perfectamente o carácter lúdico co competitivo. Son os propios deportistas os que nos marcan o camiño, rachando barreiras dia a dia.

O primeiro ano foi un ano de aprendizaxe das diferentes técnicas tanto do remo ergómetro como da embarcación (banco móvil), cedida pola Federación Española de Remo. As primeiras conclusións sinalaban que no rio coa embarcación precísase de moita técnica, e que o camiño a percorrer será longo.

No segundo ano, conseguimos participar coas Licencias deportivas do Club de remo Robaleira, no Campionato galego de remo ergómetro (Ferrol), sendo a primeira vez que o facían deportistas con discapacidade intelectual.

Paralelamente, e gracias a repercusión destes acontecementos, estamos a realizar unha labor de promoción do remo, buscando novos remeiros e espallando o noso Proxecto a outros Clubes e Asociacións, así como na Federación Galega para deportistas con discapacidade intelectual (FEGADDI), como na Federación española (FEDDI).

Neste ano 2014, participamos por segunda vez no Campionato galego de remo ergómetro, tamén no Ferrol.
Estamos agora a espera, coa burocracia temos topado !, de convertir o noso Club, no primeiro Club de remo con deportistas con discapacidade intelectual. Para elo , a FEDDI, ten que aprobar na sua Asamblea a validación das nosas Licencias deportivas en Licencias INAS. Este paso darianos pé a participación no próximo ano 2015, no Campionato mundial de remo ergómetro.

Entretanto, seguimos co noso traballo. Adestrando, adestrando e adestrando !, para elo seguimos contando coa solidaria colaboración do Club de remo Robaleira, e con novos apoios: os Clubes de remo de Vilanova de Cerveira, e Club de remo Miño de Tui. Co asua axuda técnica, pronto deixaremos o Pabillón Galego moi alto, nunha disciplina que a nivel europeo e mundial leva moitos anos funcionando.

 

BDaH5vcCEAMkAubBLgWRh_CQAAVQXnBLggYwNCUAAsVCjBLgjmJ_CEAATbLdBZWRH1BIQAAlheIBYQdnB-CEAAX44qBWhwYgcIEAAWT49BBEw8IjCAAISpp-BBDJrCPCAAAlgPlBO6978iCEAEownwBO5PNHVCcAAxtTPBe7WXVGIQAA_Gi3.jpg large Bk2dumuCcAAgjMP.jpg large BkS6zNtCIAAdqRV.jpg large BfDwRn3CMAA2JM2.jpg large BjMq6OLCYAAunZM.jpg large Bn_8BUsIIAAstWb.jpg large Bk3LgtMIAAATqif.jpg large BjMrXF1CcAA7mXq.jpg large Be7gp04IEAA0NSN.jpg large Bkdhl3sIYAA4a9y.jpg large Be-GEx4CIAE8j_3.jpg large Be7GtdaIEAA6lZw.jpg large Be6s7dBIYAImJvc.jpg large Be6ss_nIMAAzB6m.jpg large Be5XJ_NIIAAK-2K.jpg large BhYjyWXCAAAak2z.jpg large

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas