PROXECTO RÍOS. EDUCACIÓN AMBIENTAL.

 

Unha vez máis, un grupo de usuarios do San Xerome participou no Proxecto Ríos, unha iniciativa pioneira que se está a desenvolver en numerosos entornos do territorio, sendo a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza a entidade encargada de xestionalo.

ADEGA, é unha asociación ecoloxista independente e sen ánimo de lucro que traballa na defensa do medio ambiente. Entre outras tarefas, desenvolve numerosas actividades e proxectos relacionados coa educación ambiental.

Nos gusta participar porque o “Proxecto Ríos”, bríndanos a posibilidade de poder participar na defensa dos ríos dende un entorno natural próximo, co fin de colaborar para a súa mellora. No noso caso, escollemos un tramo do río Lavandeira en Oia, moi preto do Mosteiro.

A nosa tarefa, dende o ano 2011, ven sendo inspeccionar un tramo deste río. Poñémonos as botas e votamos a andar a través do río, e polas súas veiras co fin de tomar datos e descubrir cal é estado de saúde do ecosistema e a súa evolución no tempo, pois a lo menos, dúas veces ó ano, voltamos ó mesmo lugar para inspeccionalo.

Para realizar a inspección, dividímonos en tres grupos ó longo do tramo escollido. Un dos grupos encargase de analizar a auga e as peculiaridades do caudal, a descrición física do entorno, localizar os macroinvertebrados, etc… Outro grupo ocupase das peculiaridades da flora, e por último, o terceiro grupo centrase en identificar e rexistrar a fauna.

Para poder desenvolver mellor a nosa inspección, precisamos dos materiais que nos proporcionaron dende ADEGA. Os materiais básicos que empregamos foron:
 Unha guía de inspección, onde se recollían as explicacións precisas para realizar ben a inspección, así como información sobre os ríos.
 Fichas de campo que hai que cumprimentar.
 Fichas de identificación de organismos, nos que poidemos recoñecer as principais especies de fauna e flora que habitan nos ríos (árbores, peixes, anfibios, flora). Estas fichas foron moi útiles porque nos permiten, aínda sendo inexpertos, realizar axeitadamente a recompilación de datos.
 Reactivos en forma de tiras que nos permitiron, en base a un sinxelo código de cor, establecer parámetros como a acidez ou os nitratos presentes na auga.

Como éramos moitos, tamén levamos diferentes libros e ilustracións para ter un apoio visual en caso de que se nos presentasen dúbidas, sobre todo no momento de detectar as diferentes especies de microorganismos, aves, prantas, anfibios… Tamén precisamos lupas, botes e caixas, entre outros.
Nós, como xa levamos tempo indo, sabemos perfectamente qué material imos necesitar, e as botas de auga e as chanclas foron os “imprescindibles” nesta aventura.
Unha vez feita a avaliación, completamos as follas resumo da inspección que enviamos á sede do proxecto para a elaboración dos informes e incorporar os datos á web.
A experiencia está a ser moi positiva, xa que ademáis dos aspectos lúdicos, estamos aprendendo moitas cousas novas e sobre todo sentindonos partícipes no coidado do medio ambiente no noso contorno.

Cartaz_FestaPR

 

GE DIGITAL CAMERA

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas