Proceso do Millo. Aula Educativa
O longo de este curso estivemos desenvolvendo o procesamento do millo. Unha actividade que engloba varios aspectos educativos con diversas accións formativas, baixo o denominador común da recolleita do millo.
A principio do outono todos os alumnos e alumnas  desprazamosnos a un campo de millo onde realizamos unha serie de tarefas relacionadas coa colleita e recollida do millo: recollemos as espigas, cortamos a palla, etc.
Ese millo deixámolo secar ata que a finais do inverno un grupo de rapaces e rapazas fomos a moelo a un dos Muíños do Folón no Rosal con Nemesio (muiño pertencente a un grupo de construccións, xa tradicionais, situados en cascada documentados no século XVIII, característico  do rico patrimonio etnográfico da comarca). Despois fixemos pan de millo que cocemos na Panadería Do Muño de A Guarda con Fernando. O longo do curso dentro da aula tamén documentamonos sobre o millo: a súa procedencia, utilidades, recursos, etc. Fixemos un mural aproveitando partes da palla e da espiga….

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas