Proxecto BODY (Erasmus+). Ruada por Rosalía

Hoxe mércores 16 tivemos unha grata visita, un grupo de alumnos do IES A Sangriña de 1º da ESO, que nos deleitaron cun repertorio de poemas musicados de Rosalía de Castro, co motivo da conmemoración do seu nacemento.

No marco do Proxecto BODY, realizamos esta actividade que máis alá do disfrute musical, danos a oportunidade de crear un vínculo afectivo e de convivencia entre alumnos, neste caso coa Escola ordinaria, e que ven sendo a principal motivación para o desenvolvemento deste proxecto.

Ao longo de trinta minutos, os alumnos do IES A Sangriña interpretaron catro poemas musicados da autora, e o final, tivemos un momento de encontro e coñecemento entre todos, onde os rapaces amosáronnos todo o noso agarimo, e nos lles agradecemos a súa presenza.

IMG-20160316-WA0010IMG-20160316-WA0005IMG-20160316-WA0006IMG-20160316-WA0007IMG-20160316-WA0008IMG-20160316-WA0009IMG-20160316-WA0011IMG-20160316-WA0012IMG-20160316-WA0013IMG-20160316-WA0014IMG-20160316-WA0015IMG-20160316-WA0016IMG-20160316-WA0017IMG-20160316-WA0018IMG-20160316-WA0019IMG-20160316-WA0020IMG-20160316-WA0021




Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas