Proxecto BODY (Erasmus+). Obradoiro Sensorial
Esta mañá de xoves, nas instalacións da Asociación San Xerome Emiliani, no ximnasio do Centro, levamos a cabo a actividade de Obradoiro de Estimulación Sensorial correspondente ao Proxecto BODY.
 
 
Este obradoiro foi dirixido por Ana Lomba e Belén Pereira, do equipo docente do CEEPR San Xerome. Nel participaron usuarios dos Centro pertencentes ao Proxecto, aínda que neste caso en representación do IES A Sangriña, acudiu un grupo de rapaces procedentes de Lycée Jean Bart de Dunkerque (Francia) que participan no proxecto nun intercambio de alumnos.
O obradoiro se desnvolveu a través dun roteiro de actividades, onde fomos descubrindo maneiras de estimular sensorialmente o noso corpo, a través da exploración dos nosos sentidos: masaxes corporais, probas gustativas e olfativas, experimentacións visuais, propioceptivas, vestibulares, etc. 
Unha vez máis, o intercambio de experiencias e o establecemento de relacións entre os distintos colectivos formou parte do principal obxectivo da actividade.
Tamén houbo oportunidade de gozar da Sala de Estimulación Multisensorial (Sala Snouzelen), coa presentación dos diferentes aparatos e as súas funcións.
Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas