Proxecto BODY (Erasmus+). Entrevista a deportistas e Inauguración da Exposición “Sentimentos”
Hoxe venres 18 no Porxecto BODY cumprimos unha nova etapa, por unha banda inauguramos unha preciosa exposición de fotografías “Sentimentos” e levamos a cabo unha entrevista-coloquio con catro deportistas representantes da zona do Baixo Miño.
No salón de actos do IES A Sangriña, ás 10:20h comezou a rolda de preguntas nas que participaron como entrevistados, Elsa Pena (triatleta), Verónica Pérez (judoka), Alberto Díaz (piragüista) e Borja Cadilla (atleta), e como entrevistadores, os alumnos e usuarios do diferentes centros que participan no proxecto.
As preguntas versaron sobre temas coma incio, motivacións, desvantaxes e sacrificios, conciliación, valoración persoal, alimentacióne adestramentos, e o beneficios persoais e profesionais da práctica deportiva.
Tralo bo ambiente xenerado, e cunha participación que encheu por completo o Salón de Actos, como colofón asistimos a inauguración da Exposición “Sentimentos”, un traballo levado a cabo polo Obradoiro de fotografía de San Xerome, dirixido por Víctor Fuguetto, que ao longo de dous meses captou as “emocións” dos usuarios participantes no Proxecto BODY. Unha interesante mirada ao interior das persoas, dende nenos ata maiores, e que tedes a oportunidade de visitar no IES A Sangriña no seu Salón de Actos, ao longo destas semanas. A exposición irá percorrendo os distintos Centros para que todos os usuarios e público en xeral poida gozar dela. 
Unha vez máis debemos agradecer a xenerosidade de todos os que fan posible o Proxecto BODY, a todas esas pequenas e grandes persoas que están posibilitando que todas estas actividades se convertan nunha experiencia tan ilusionante edivertida. A inclusión é realidade en cada encontro.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas