Proxecto BODY (Erasmus+). A princesa e o labrego.

O pasado xoves día 28 acudimos ao Salón de Actos do IES A Sangriña coma espectadores da obra “A princesa e o labrego”. Xunto cos nosos campañeiros do CEIP A Sangriña e Avelaíña tivemos a oportunidade de gozar do magnífico traballo realizado por parte dos alumnos do IES A Sangriña.

Dirixidos por Raquel Castro, mestra de Lingua e Literatura galega, normalización lingüística e proxectos internacionais, os alumnos represantaron o conto da “Princesa e o labrego”. Obra que previamente xa tiveron a oportunidade de disfrutar os usuarios da Residecia Monte Tecla. Dita obra tenta amosar, a través do sentido do humor, das dificultades que a sociedade presenta ás persoas dependendo da súa condición social para establecer relacións entre elas, e os camiños que éstas procuran para superar os teitos de cristal, toda unha metáfora para o noso traballo diario cos nosos alumnos. O proxecto Erasmus convértese precisamente nunha desas ferramentas que estamos a utilizar para abrir camiños de interacción entre os colectivos participantes, así como mellorar e normalizar a inclusión de todos nunha sociedade máis diversa e tolerante.

 

 

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas