Proxecto BODY. Campionato de Baloncesto
Hoxe martes día 10 disputamos o Campionato de Baloncesto pertencente ao Proxecto BODY. Do mesmos xeito que a semana anterior adicamos a tarde ao fútbol, desta volta tocoulle ao Baloncesto. No Pavillón de Deporte do IES A Sangriña, xuntámonos usuarios dos Centros de Avelaíña, IES e CEIP A Sangriña e San Xerome. A xornada comezou cun sentido minuto de silencio en lembranza da compañeira da Asociación San Xerome Emiliani, e atleta do Club Deportivo San Xerome, Raquel Rodríguez Pérez, falecida o pasado domingo.
A competición organizouse nun sistema de liguilla con catro equipos, onde había a lo menos dous membros de cada Centro, e disputamos os partidos durante toda a tarde. Un momento de compartir e desfrutar da compaña de todos os rapaces, á vez que practicamos deporte.

 

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
CEEPR

Publicacións relacionadas