Proxecto B.O.D.Y. (Erasmus+). Obradoiro de Xoguetes tradicionais
Este mércores estivemos na Residencia Monte Tecla un grupo de alumnos do San Xerome participando do Obradoiro de Xoguetes tradicionais, actividade pertencente ao Proxecto B.O.D.Y.


Xunto con alumnos do CEIP A Sangriña e IES A Sangriña compartimos as experiencias lúdicas das persoas maiores, as súas vivencias de cando eran pequenos, e tivemo tempo tamén de rememorar algunhas cantigas da súa infancia.
Ésta ven sendo a segunda xornada deste Obradoiro, onde participou outro grupo de alumnos do Colexio. Pasárono moi ben, gozando da compaña de maiores e pequenos, escoitando e cantando cantigas, xogando ao aro, a pelota, ao pilla pilla, etc. Algún amosaron unha grande destreza no manexo do aro. En definitiva, unha experiencia interxeracional que nos ensina que non somos tan diferentes aos nosos maiores, e que a pesar do paso do tempo, da idade que teñamos e das capacidades que poidamos, xogar e compartir.
Na terceira e derradeira xornada, xuntaremos ámbolos grupos para celebrar unha festa todos xuntos. Estamos impacientes a que chegue o vindeiro mércores cando nos amosarán toda esa enerxía e ledicia que transmiten cando nos falan, cantan e comparten as súas experiencias máis temperáns.

   

  

  

  

  

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas