Proxecto B.O.D.Y. (Erasmus+). Obradoiro de Xoguetes tradicionais. Remate final
Este mércores pechamos o Obradoiro de Xoguetes tradicionais, que se desenvolveu nas instalacións da Residencia Monte Tecla en Camposancos (A Guarda).
 
Os maiores da Residencia compartiron con nós todas as súas lembranzas dos xogos de cando eran pequenos. Grazas a labor de “recuperación da memoria” e posta en marcha do obradoiro, recuperamos moitos xogos tradicionais, ilusións e bos momentos que se mantiveron intactos ao longo do tempo.

Hoxe rematamos esta experiencia que nos levou en tres xornadas a unha viaxe ao pasado (ou non tan pasado), dos xogos e entretementos tradicionais. Actividades que compartiron e gozaron por igual maiores, pequenos e medianos, e que á vez, foron uns momentos compartidos entre todos que nos ensinaron que os nenos e os maiores gozan co xogo independentemente da súa idade.

 

A experiencia das actividades que se están a realizar no Proxecto BODY está sendo moi enriquecedora, non só para os alumnos do Colexio e o Servizo de Adultos do San Xerome, se non para os propios profesionais que participan do mesmo. Unha actividade inclusiva que fai que os alumnos se sintan valorados e observados dende o punto de vista da aprendizaxe, da súa ilusión e capacidade en compartir momentos e experiencias novas, e nas relacións humanas que se desenvolven en cada encontro. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas