Proxecto B.O.D.Y. (Erasmus+). Obradoiro de Baile. O Festival
Este pasado domingo día 29 no Auditoiro do Rosal demos por finalizado outra acción do Proxecto BODY, neste caso a do Obradoiro de Baile.


Ao longo de catro semanas, os nosos rapaces e un grupo de usuarios de Avelaíña practicaron unha coreografía que representaron neste Festival fin de festa.

Na representación compartiron esceario cos grupos de baile de CEIP A Sangriña, IES A Sangriña e Residencia Monte Tecla. Candanseu fixo o seu baile, tivemos a oportunidade de ver dous vídeos, un pequeno resumo das actividades que se desenvolveron ata agora no Proxecto, e a presentación do traballo artístico realizado polos alumnos do CEIP A Sangriña en relación ao Día dos Dereitos do Neno.
 
O proxecto BODY está sendo unha oportunidade de integración, dos cinco sectores que difícilmente se podería alcanzar doutra maneira. Unha experiencia enriquecedora para alumnos e usuarios e profesionais que están integrados no Proxecto.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas