Proxecto B.O.D.Y. (Erasmus+). Día Internacional das persoas con Discapacidade

Hoxe conmemoramos o Día internacional das persoas con discapacidade. Un día onde desexamos visivilizar e concienciar ao noso entorno da realidade que compartimos cada día cos nosos usuarios e alumnos..

As persoas con discapacidade demandan apoios e recursos para o seu desenvolvemento físico, persoal e social, pero tamén teñen moito que aportar a nosa sociedade: as súas experiencias vitais, as historias de superación, as súas emocións, as súa ledicia, a súa creatividade, os seus desenvolvementos instrumentais, a súa capacidade laboral, etc.
Dende o Centro San Xerome, e aproveitando a participación no “Proxecto B.O.D.Y.”, levamos a cabo tres actividades, que foron un exemplo de inclusión e de ilusión:
O Concerto de Precusión, coa visita ao IES A Sangriña. Organizado polo Grupo de XeRock da Sección de Adultos do San Xerome.
O Obradoiro de Chapas, coa visita a Avelaíña. Participaron CEIP A Sangriña e Avelaíña. Organizado polo grupo das Unidades Educativas do CEEPR San Xerome.
A Exhibición de Boccia, coa visita á Residencia Monte Tecla. Organizado polo Grupo de Deporte Adaptado da Sección de Adultos do San Xerome.
Tamén participamos na programación da Radio Municipal de Tui, onde foron entrevistados dous dos nosos usuarios do Servizo de Adultos.
Finalmente queremos destacar o agarimo que percibimos a través do facebook na campaña de “Un Xesto pola Diversidade no Baixo Miño” e en twitter #XPDBaixoMiño”, e en todas as accións que puxemos en marcha nestes días.
E por certo, gracias a todos vós, seguimos camiñando…

 
Concerto de Precusión
 
Obradoiro de Chapas
Obradoiro de Chapas


Comentarios
Compartir
admin

Publicacións relacionadas