Programa de Cooperación Garantía Xuvenil

Xunta de Galicia

O pasado 01 de Outubro de 2019 foi concedida unha Subvención por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Secretaría Xeral de Emprego) para a contratación de dúas persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, cos perfís profesionais de coidadora e integradora social, para ser contratadas durante sete meses a partires do 14 de Novembro de 2019 por esta Asociación.

Este programa denominado “AUTONOMÍA PERSOAL: DESTREZAS PARA A VIDA DIARIA” pretende ensinar destrezas que contribúan ao coidado de necesidades persoais, facilitar a independencia na vida diaria, a aceptación social na comunidade e no lugar de traballo. Ademais de traballar habilidades necesarias para coidar as funcións fisiolóxicas básicas, relacionarse cos demais en situacións sociais simples, diminuír a dependencia cara os demais cando se desenvolvan actividades cotiás e potenciar o uso de servizos que se prestan a todos os cidadáns. Pretendemos así mesmo, traballar habilidades na vida do fogar co fin de adquirir destrezas necesarias para funcionar na súa propia casa ou outro servizo residencial.

Os obxectivos que se pretenden conseguir son:

  • Adquirir novos coñecementos na realización de traslados, mobilizacións e apoiar na deambulación das persoas usuarias, empregando os protocolos e as axudas técnicas necesarias e adoptando medidas de prevención e seguridade.
  • Adquirir habilidades para intervir e resolver posibles conflitos.
  • Dominar técnicas para apoiar á persoa usuaria no mantemento da súa hixiene persoal e os seus hábitos de saúde, aportando a axuda que se precise en función das necesidades.
  • Apoiar en diferentes talleres a aqueles usuarios que precisen axuda utilizando materiais adaptadas as súas necesidades.
  • Saber actuar ante posibles crises, ataques epilépticos,…
  • Adquirir coñecementos para proporcionar e administrar os alimentos á persoa usuaria facilitando a inxesta en aqueles casos que así o requiren.
  • Adquirir técnicas para inculcar autonomía ás persoas usuarias.
  • Adquirir coñecementos para efectuar a recollida de eliminación da persoa usuaria cos medios e materiais axeitados a cada situación, mantendo as condicións de hixiene e seguridade establecidas.
  • Comprender a importancia de respectar a intimidade, opinións e decisión das persoas.
  • Transmitir a información necesaria ao equipo para poder alcanzar os obxectivos.
  • Adquirir habilidades como a empatía, escoita activa, saber dar e recibir feedback,…
  • Adquirir coñecementos sobre a discapacidade e a atención ás persoas.
  • Obter información das persoas usuarias a partir dos informes recibidos, da programación xeral establecida e doutras fontes complementarias.
  • Realizar a programación, execución e avaliación de actividades.
  • Detectar recursos identificando a súa procedencia e características para realizar a súa clasificación e catalogación.
  • Utilizar recursos detectados e/ou xerados para dar resposta aos obxectivos da intervención conforme ás necesidades de cada persoa.
  • Apoiar ao Servizo de logopedia no entrenamento en estratexias cognitivas básicas e de alfabetización tecnolóxica.
  • Ampliar as posibilidades de autonomía, de comunicación e integración das persoas con discapacidade, utilizando as novas tecnoloxías da información e comunicación e a alfabetización tecnolóxica.
  • Adquirir coñecementos básicos para manter e mellorar o proceso de respiración e o ton en distintos contextos e situación e con distintas persoas tendo en conta que dito traballo repercute na deglución e alimentación dos usuarios, non so, na fala,…
  • Adquirir coñecementos básicos para manter e mellorar a linguaxe.
  • Adquirir habilidades para traballar rutinas e desenvolver actividades da vida diaria co fin de obter a necesaria autonomía e responsabilidade persoal no desenvolvemento das mesmas.
  • Apoiar á persoa usuaria na realización das actividades e exercicios de mantemento e entrenamento psicolóxico, rehabilitador e ocupacional, seguindo as orientacións de profesionais competentes.

Os resultados que conseguirán as persoas traballadoras subvencionadas son:

Ao finalizar esta etapa esperamos aprender e incorporar habilidades e destrezas que melloren e faciliten o noso acceso ao mercado laboral.
Esperamos adquirir experiencias que nos orienten de cara a cumplir todas as nosas expectativas. Tamén detectar en que ámbitos necesitamos ampliar a nosa formación. E sobre todo, aprender a ser críticas co noso traballo.
Queremos demostrar que podemos aportar habilidades e coñecementos que contribúan a implusar e mellorar a Asociación.

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89 % polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX), Eixes prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2., Obxectivo especifico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

“Iniciativa de Emprego Xuvenil. O FSE inviste no teu futuro”

 

Comentarios
Compartir
S.Xerome

Publicacións relacionadas