Presentación do Taller de Revista

13043265_520056298181114_6363408219340818311_n

O Centro San Xerome Emiliani xurde na Guarda no ano 1981 como unha necesidade da  comarca.  Baseándose  no  traballo,  esforzos  e  unha  relación  humana  entre profesionais,  usuarios/as  e  familias,  cun  obxectivo  irrenunciable:  a   inclusión  e  a normalización na participación  das persoas con diversidade funcional na sociedade. De  entre  as  cualidades  que  máis  se  promocionan  na  entidade  destacamos  a liberdade  de  expresión  e  o  fomento   da  creatividade,  o  traballo  en  equipo,  a adaptabilidade  para  afrontar  novas  situacións  tanto  sociais  como  persoais,  e  a superación.

 

 

A  Asociación  promotora  do  Centro  ponse  en  marcha  en  decembro  de  1977,  polo tanto, ten máis de 30 anos de existencia.

Unha  das  actividades  realizadas  no  Servizo  de  Adultos  da  Asociación  San  Xerome Emiliani dende  fai  seis  anos  é  a  elaboración  dunha  revista  chamada “Aínda Temos Moito que Andar”.

 

Hisilicon Balong

A idea de realizar este proxecto xurde ante a necesidade de atopar un medio eficaz, atractivo e efectivo para achegarse á sociedade da información, aprender a buscar e a  manexar  información  en  diferentes  soportes,  elaborando  unha  revista  como recurso educativo, fomentando a cohesión grupal.

Unha das características desta actividade en particular é que pretende reflexar con total  liberdade  as  diferentes  perspectivas  e  opinións  nun  documento  escrito  ao alcance de todos/as.

 

Durante  os  dous  primeiros  anos  a  publicación  foi  semestral,  e  a  partir  do  terceiro ano, pasa a ser anual. O traballo cada vez é máis minucioso e na procura da mellora fomos incorporando outra metodoloxía, novas seccións e calidades no formato.

IMG_3703

Nela, os/as usuarias do Servizo de Adultos, participan de forma activa no deseño e a produción,  coñecendo  o  seu  proceso  e  as  partes  que  a  compoñen,  potenciando  a súa autonomía, capacidade de expresión e creatividade.

 

Nas  súas  páxinas  podemos  atopar  numerosas  seccións;  as  súas  propias  historias, entrevistas,  reportaxes  fotográficos,  artigos  de  opinión,  un  simpático  horóscopo, receitas de cociña e un longo etcétera.

 

Actualmente existen 8 edicións de “Aínda Temos Moito que Andar”:

  • A primeira edición, no curso 2009-2010, tivo como motivo principal o 30 Aniversario do Centro, baixo o título “Xa Cumprimos 30 Anos”.
  • A segunda edición, baixo o título  “Así traballamos”, usuarios/as mostran o seu día a día.
  • Na  terceira  edición,  co  encabezamento  “O  Novo  Servizo  de  Adultos”,  falan  da experiencia  positiva  que  foi  a  mistura  de  dous  grupos  diferenciados  dentro  do Centro (Centro de Día e Pre-Ocupacional”)
  • A  cuarta  edición  trae  como  unha  das  novidades  a  incorporación  da  sección  “O Consultorio”, onde plasman a súas inquedanzas.
  • A  quinta  edición  inclúe  dous  novos  apartados:  “tira  cómica”  e  “consellos  para  ser máis felices”.
  • Na  sesta  edición  volcámonos  nas  novas  tecnoloxías,  ampliando  a  utilización  de ordenadores  para  a  súa  redacción  e  maquetación,  acadando  un  acabado  máis profesional.
  • A sétima edición foi unha exploración do mundo da fotografía, incorporando moitas imaxes en colaboración co Taller de Audiovisuais do Servizo de Adultos.
  • Na oitava edición de 2016, o reto é elaborar unha revista realmente accesible, coa incorporación do sistema de lectura fácil.

PORTADA 1 PORTADA 2 PORTADA N 3 PORTADA N4 portada N5 PORTADA N6

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A lectura fácil é unha competencia que permite a comunicación, exercendo o dereito de informar e tomar decisións por un mesmo. Os textos deben de ser fáciles de leer e fáciles de entender.  A intención da lectura fácil é axudar na comprensión; recoñecer os idiogramas. En definitiva este tipo de lectura permítenos elexir, ser libre e autónomos.

 

IMG_3700 IMG_3610

 

 

 

 

 

 

 

Ata  agora,  de  cada  revista  se  lle  achegaba  un  exemplar  ás  familias  facilitando  o achegamento  do  noso  recurso  a  todos  os  membros  da  Asociación.   E  foi  nesta edición cando plantexamos a posibilidade de vendelo,  facendo así o Proxecto máis sostible  economicamente,  nun  intento  de  mostrar  o  noso  traballo  máis  aló  das portas da entidade, nunha arriscada aposta por poñer en valor o traballo do equipo de revista.

 

IMG_3612

IMG_3611

Comentarios
Compartir
Servizo de Adultos

Publicacións relacionadas