Presentación do Taller de DHAPS

A autonomía persoal é un elemento fundamental na calidade de vida de calquera individuo. Que unha persoa sexa capaz de acadar o maior grao de autonomía posible nas súas tarefas cotiás básicas, facilita e posibilita o desenrolo dunha vida o máis satisfactoria e independente en gran variedade de contextos.

A longa traxectoria deste programa no servizo de adultos, fixo que a implementación de contidos fora variando ó longo do tempo, en función dos usuarios participantes nas actividades do programa, das necesidades que os profesionais ían detectando e as demandas familiares.

IMG-20160422-WA0002A abordaxe de necesidades tan diversas, que abranguen dende o desenrolo de capacidades cognitivas (coñecemento do esquema corporal e procedemento durante unha ducha), o desenrolo de capacidades afectivo-emocionais (autoconcepto en canto a imaxe hixiene persoal, etc) o desenrolo de habilidades psicosociais (hábitos de hixiene, autocoidado desadaptativos, etc.) até desenrolo de habilidades físicas e da saúde (habilidades de aseo e hixiene, hábitos de sono e alimentación, estética, coidados corporais, etc), fixo que se comezara a implementar, por medio de dinámicas, máis específicamente cada unha destas áreas, sentando as bases e establecendo as directrices do desenrolo do programa.

É importante destacar que partimos da premisa de que a nosa intervención non debe ser estática; cremos que debe estar en continua revisión e transformación, igual que o proxecto vital das persoas coas que traballamos.

IMG-20160427-WA0000

 

Por iso, dende o programa de AUTONOMÍA PERSOAL E SOCIAL, ó longo deste curso, os diferentes perfís profesionais participantes (educadora social, coidadora, perruqueira e terapeuta ocupacional) redeseñaron unha programación baseada na traxectoria e o traballo implementado até agora, ampliando o abanico de contidos e actividades, co obxectivo dar unha resposta máis específica a algunhas das áreas das que depende a autonomía persoal. Dentro do programa, actualmente se desenrolan actividades como a hidroestimulación e hábitos de hixiene persoal como as duchas. Dentro das novas propostas, tamén contamos con:

 

 

* Perruquería e estética ecolóxica: o obxectivo é formar e asesorar ós usuarios e as súas familias (en función do grao de autonomía) naquelas cuestións relacionadas coa execución de hábitos estéticos e coidado persoal para que o poidan desenolar e manter de maneira autónoma noutros contextos (cómo arranxar o cabelo, uso de produtos capilares como espumas, gominas e coidados específicos que se deben aplicar en caso de caspa, pel sensible, etc.).

 

FB_IMG_1461188159757 IMG-20160420-WA0001  IMG-20160422-WA0004 IMG-20160422-WA0006 (1)  IMG-20160427-WA0001

 

* DHAPS (desenrolo de habilidades de autonomía persoal e social): esta actividade céntrase no desenrolo daquelas habilidades precisas para poder executar de maneira autónoma os hábitos de hixiene básica. Para iso, por medio de dinámicas, se lle proporciona ós usuarios as estratexias (secuenciacións pictográficas para vestido- desvestido, apoios verbais para seguir tarefas, imitación xestual, etc.) e elementos de apoio físico (axudas técnicas como esponxa con mando alongado para facilitar a hixiene autónoma).

 

 

IMG-20160427-WA0002IMG-20160427-WA0005IMG-20160427-WA0004

 

Pero, cómo levamos a cabo a implementación do programa?

En San Xerome, cremos e apostamos pola intervención centrada na persoa, na que os desexos, soños, necesidades, intereses, proxecto de vida dos nosos usuarios e familias deben estar presentes nas nosas liñas de acción en calquera dos ámbitos de implementación profesional.

Por iso, a intervención centrada nas ABVD (actividades básicas da vida diaria) como o autocoidado e a hixiene persoal, debe ser sensible, flexible, pendente das necesidades que poidan ir xurdindo e facilitando os apoios necesarios para promover a capacidade de participación do individuo nesas actividades, independentemente do seu grao de autonomía.

Non debemos esquecer que a maneira de participar debe ser valorada significativamente polo o usuario/a para poder xerar un posible campo exitoso de intervención para o seu proxecto vital, logrando desta maneira a consecución dunha conducta adaptativa necesaria para a execución deste tipo de funcións.

Comentarios
Compartir
Servizo de Adultos

Publicacións relacionadas